Visualización de espazos funcionais en Realidade Mixta con HoloLens2.
Autoría | Alejandro Estévez Álvarez |
Data de defensa | 13/09/2023 |
Titulación | Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática |
Centro | Escola de Enxeñaría Industrial |
Dirección |
Cotitoría: Jesús Balado Frías Titoría: Lucía Díaz Vilariño |
Tribunal |
Presidencia: Enrique Paz Domonte Vogalía: Jorge Marcos Acevedo Secretaría: Alejandro Gómez Yepes |
Resumo | Cada espazo ten a súa propia función dentro da navegación. Mentres que nos interiores é habitual que os espazos estean delimitados por muros, nas zonas abertas existe un certo coñecemento predefinido que se basea en elementos construídos, marcas de beirarrúas ou mobiliario urbano. Estes espazos definen as posibilidades de mobilidade dos cidadáns. O obxectivo deste traballo é a visualización de espazos funcionais a través da Realidade Mixta proporcionada por HoloLens 2. |