Secretaría Uvigo - Deseño e Análise dunha Liña Aérea de Alta Tensión a 66 kV para a Evacuación de Enerxía dun Parque Eólico

Deseño e Análise dunha Liña Aérea de Alta Tensión a 66 kV para a Evacuación de Enerxía dun Parque Eólico

Data de defensa15/09/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Antonio Fernández Otero
Tribunal Presidencia: Francisco Rodríguez Castro
Vogalía: Amador Rodríguez Diéguez
Secretaría: Daniel Villanueva Torres
ResumoO presente Traballo de Fin de Grao enfócase no cálculo e deseño dunha liña aérea de alta tensión a 66 kV, destinada á evacuación de enerxía xerada polo Parque Eólico Outes, pertencente a Norvento, S.L.U. O Parque Eólico Outes posúe unha potencia autorizada de 21 MW, polo tanto, o obxectivo deste proxecto é evacuar a enerxía xerada por devandito parque a unha tensión de 66 kV a través dunha liña aérea. Esta liña terá un punto de inicio na subestación colectora do Parque Eólico Outes e finalizará na subestación Tambre II, propiedade de Red Eléctrica.

A liña de evacuación deseñada abranguerá unha lonxitude total de 7.853 metros e estará composta por 46 apoios de celosía metálica. A altitude máxima alcanzada pola liña sobre o nivel do mar será de 486 metros. O seu percorrido atravesará os termos municipais de Negreira, Outes e Noia (A Coruña). A zona de estudo presenta unha variedade de formas de terreo, predominando suaves elevacións montañosas ou de baixa altitude, con alturas entre os 400 e 500 metros. Tamén se atopan vales costeiros pechados e áreas costeiras de baixa altitude, que inclúen o Río Tambre. Durante o percorrido da liña, realizaranse cruzamentos de estradas e ríos.

Realizaranse cálculos para obter a configuración óptima da liña, baseados nas especificacións mencionadas anteriormente. Estes cálculos dividiranse en dúas partes: cálculos eléctricos e cálculos mecánicos. No que respecta ás características eléctricas, a liña utilizará un condutor LA-180 (147-AL1/34-ST1A) e un cabo de fibra óptica OPGW 48. No apartado de cálculos mecánicos, estudarase as tensións que deben soportar tanto os condutores como os apoios.
Volver