Secretaría Uvigo - Deseño da electrónica para a adquisición de sinais de electroencefalografía

Deseño da electrónica para a adquisición de sinais de electroencefalografía

AutoríaÁngel de la Peña Freire
Data de defensa15/09/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Ángel Manuel Fernández Vilán
Cotitoría: Carlos Riveiro Cedeira
Tribunal Vogalía: Amador Rodríguez Diéguez
Presidencia: Francisco Rodríguez Castro
Secretaría: Daniel Villanueva Torres
ResumoNeste momento, os sinais emitidos polo cerebro, os electroencefalogramas (EEG), están sendo utilizados cada vez con máis frecuencia, xa que estes sinais permiten facer un seguimento preciso das distintas enfermidades neurolóxicas, como pode ser o caso da epilepsia. Ademais, obter o sinal do EEG non só ten un uso clínico, senón que tamén pode ser usado para o seguimento da vida cotiá, como medir a concentración, o estrés, as horas de sono... entre outras moitas funcións. Destacar que tamén se podería usar para os sistemas BCI (Interfaces Cerebro Ordenador), unha tecnoloxía que pretende controlar os diferentes dispositivos electrónicos coa actividade cerebral, sen necesidade de outros periféricos como teclados ou ratos.

Actualmente, medir os sinais EEG é moi custoso e difícil de conseguir. Isto débese a que estes sinais son extremadamente débiles, do orde de microvoltios, polo que calquera ruído ou interferencia electromagnética provoca que a medición non sexa precisa. Por isto, as medidas de EEG realízanse en salas de hospital acondicionadas e perfectamente illadas das interferencias, con maquinaria cuxos prezos son incriblemente altos.

Neste traballo preténdese conseguir un sinal EEG o máis preciso posible sen necesidade de estar nunha sala acondicionada, a un custo mínimo. Para lograr isto, necesitarase deseñar un circuíto analóxico que sexa capaz de amplificar e filtrar o sinal para despois poder ser dixitalizado. Unha vez dixitalizado, enviarase a través dun microcontrolador por bluetooth a outro dispositivo onde se procesará toda a información.

Volver