Secretaría Uvigo - Deseño e cálculo da instalación eléctrica dunha fábrica dedicada á producción de pezas para motores

Deseño e cálculo da instalación eléctrica dunha fábrica dedicada á producción de pezas para motores

Data de defensa15/09/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría Eléctrica (Curso Ponte)
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Blanca Nieves Miranda Blanco
Tribunal Vogalía: Amador Rodríguez Diéguez
Presidencia: Francisco Rodríguez Castro
Secretaría: Daniel Villanueva Torres
ResumoO proxecto ten como obxectivo o deseño para a súa posterior execución da instalación eléctrica en Baixa Tensión así como un Centro de Transformación, para cubrir as necesidades en materia de subministración eléctrica dunha industria dedicada á fabricación de pezas para motores.
Trátase dunha instalación industrial cunha superficie lixeiramente superior aos 3600 m2, cunha planta inferior ocupada na súa maior parte pola zona de produción e unha planta superior máis reducida onde se concentran as áreas administrativas. Tamén se observan as necesidades do recinto exterior da nave en materia de iluminación.
Así mesmo, o proxecto inclúe a instalación dun centro de transformación en edificio prefabricado propiedade do Cliente, tendo en conta que se elixe a subministración eléctrica en Media Tensión.
Tras unha recompilación das necesidades e un estudo da distribución das mesmas, realizarase o deseño e cálculo das instalacións eléctricas co apoio de software específico para algúns dos apartados nos que se divide o traballo.
Así, en todo o relativo ao cálculo dos cables e as súas proteccións utilizouse o software CIEBT 2023 da empresa dmELECT.
No apartado de iluminación, xa sexa a iluminación xeral como a de emerxencia, utilizouse o programa de cálculo e deseño Dialux Evo 11.
Finalmente utilizouse o programa Amikit 5.0 da firma Ormazabal para a elección do transformador e toda a súa aparamenta complementaria.
Os cálculos elaborados que se plasmarán no documento pertinente complementaranse coa correspondente memoria, prego de condicións, planos e finalmente a valoración do material que se instalará, que se presentará no documento Orzamentos.
Volver