O futuro das pensións en España: unha sustentabilidade baseada en contas nocionais e a mochila austríaca
Autoría | Diego García Bucciarelli |
Data de defensa | 26/07/2023 |
Titulación | Grao en Economía |
Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Dirección |
Titoría: Carlos Juan De Miguel Palacios |
Tribunal |
Titoría: Carlos Juan De Miguel Palacios |
Resumo | Neste traballo analízanse as pensións en España, destacando a situación demográfica, os obxectivos e piares do sistema así como o seu funcionamento actual. Tamén se ofrecen posibles solucións como as contas nocionais e a mochila de pensións austríaca para facer fronte aos problemas que xurdan. Destácase o reto que supón o envellecemento da poboación e o gran aumento do número de xubilados para a sustentabilidade a longo prazo do sistema. Na actualidade, as pensións baséanse nun modelo de reparto que se atopa con dificultades pola diminución dos cotizantes e o aumento da esperanza de vida. As solucións estudadas implantáronse en países veciños como Suecia e Italia onde se implantaron as contas nocionais ou en Austria onde se aplicou a mochila de pensións austríaca, modelos que buscan reforzar o obxectivo de sustentabilidade logrando un equilibrio entre cotizacións e prestacións así como loitar contra o paro. Palabras clave: sistema de pensións, situación demográfica, modelo de reparto, contas nocionais, mochila de pensións austríacas, equilibrio e sustentabilidade. |