Secretaría Uvigo - O sistema sanitario español e a súa colaboración co sector privado

O sistema sanitario español e a súa colaboración co sector privado

AutoríaIria Puga Martínez
Data de defensa26/07/2023
TitulaciónGrao en Administración e Dirección de Empresas
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: José Francisco Teijeira Bautista
Tribunal Presidencia: Enrique Juan Buch Gómez
Secretaría: José María Docampo Barrueco
Vogalía: Rosa María Loveira Pazo
ResumoRESUMO:
O presente traballo pretende analizar e contextualizar a historia do Sistema Sanitario español para comprender as causas da actual estrutura sanitaria e o motivo polo que a colaboración co sector privado neste ámbito posúe unha importante relevancia. Para levar a cabo este obxectivo, analízase o seu desenvolvemento no contexto europeo atendendo ás diferentes formas de financiación existentes, efectúase un exhaustivo recorrido pola súa historia destacando os sucesos de maior relevancia e finalízase coa exposición dos métodos utilizados actualmente para levar a cabo a colaboración sanitaria do sector público co sector privado e os motivos da súa crecente presenza no sistema.

PALABRAS CHAVE:
Sistema sanitario español, sistema sanitario europeo, colaboración público-privada
Volver