Análise da desigualdade, causas, evolución e medidas para reducila
Autoría | Mauro Rodríguez Soengas |
Data de defensa | 26/07/2023 |
Titulación | Grao en Economía |
Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Dirección |
Titoría: Coral Del Río Otero |
Tribunal |
Titoría: Coral Del Río Otero |
Resumo | Este traballo de fin de grao centra a súa atención no tema da desigualdade económico. O obxectivo deste é determinar cales son as principais causas que condicionan o nivel actual de desigualdade, tendo en conta a evolución destas ao longo de todo o século pasado. A desigualdade pode causar problemas se é excesiva, o que esixe atención da súa magnitude. Os mecanismos que xeran este proceso poden perpetuarse de non actuar, dando como resultado un aumento dos niveis de desigualdade, polo tanto a súa atención e estudo son imprescindibles. Neste sentido, destaca o papel da herdanza, o cambio tecnolóxico e a globalización, ou o papel desempeñado polo Estado como árbitro ou como fixador das regras do xogo. A evolución da desigualdade no último século seguiu unha forma de u, cun claro retroceso entre o inicio da Primeira Guerra Mundial e o final dos anos 80, e un crecemento posterior que se mantén ata hoxe. Os cambios políticos que ocorreron nestes anos, así como o desenvolvemento das décadas da posguerra explican o evolución da desigualdade. Palabras chave: Desigualdade, renta, salario, capital, Estado |