Secretaría Uvigo - Indicadores de desenvolvemento sostible

Indicadores de desenvolvemento sostible

Data de defensa26/07/2023
TitulaciónGrao en Economía
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: María Dolores Garza Gil
Tribunal Titoría: María Dolores Garza Gil
ResumoO presente Traballo de Fin de Grao centra a súa atención nun dos 3 piares fundamentais do desenvolvemento sostible: a sostibilidade medioambiental. O obxectivo é comprender que tipo de información da biosfera é relevante e como incorporar esta no proceso de toma de decisións dos axentes. Para acadar isto, realizouse unha revisión da literatura de 3 indicadores con gran aceptación. O modelo estado-presión-resposta da OCDE resalta as relacións de causalidade existentes entre actividade humana, recursos naturais e sociedade. O Banco Mundial propón 2 indicadores tomando como base o concepto de capital natural: o aforro xenuíno e a riqueza real. O indicador da pegada ecolóxica, comparado coa biocapacidade da Terra, mide o impacto sobre a biosfera de manter o estilo de vida actual. Ademais, búscase comprender a vinculación existente entre variables medioambientais e actividade económica. Con ese fin, procédese á análise da evolución dos indicadores do Banco Mundial en Corea do Sur, Singapur, Malaisia e Tailandia entre 1995 e 2018 xa que estos experimentaron cambios significativos na súa situación económica durante as últimas décadas. A aplicación de estes indicadores pon de manifesto as súas limitacións así como a necesidade de contar con información social e ambiental complementaria.

Palabras clave: medio ambiente, indicadores, desenvolvemento sostible.
Volver