Resumo | Neste traballo, explórase, con todo detalle, a explicación e implementación de redes neuronais utilizando PyTorch. Nel, faremos unha introdución ao tema, destacando a importancia das redes neuronais no mundo actual, veremos os conceptos clave dunha rede neuronal, os pasos que hai que seguir na creación da rede neuronal, as matemáticas detrás da rede e exemplos de implementación. Ao longo do traballo, búscase que o lector teña unha comprensión absoluta do funcionamento dunha rede neuronal, desde os seus conceptos ata exemplos para ver a súa aplicación. Este traballo proporciona unha guía completa e práctica para comprender e utilizar PyTorch na construción e adestramento de redes neuronais, abrindo oportunidades para a súa aplicación en diversas áreas, como a economía. |