Secretaría Uvigo - Estimación da valoración económica do uso recreativo do Monte Santa Tegra a través do Método do Custo de Viaxe Zonal

Estimación da valoración económica do uso recreativo do Monte Santa Tegra a través do Método do Custo de Viaxe Zonal

Data de defensa26/07/2023
TitulaciónGrao en Economía
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: Manuel González Gómez
Tribunal Titoría: Manuel González Gómez
ResumoO Monte Santa Tegra é un espazo natural e recreativo que ten un importante número de visitantes, sendo un espazo turístico moi visitado na comarca do Baixo Miño. Neste traballo calculouse o beneficio que este servizo recreativo xera aos visitantes mediante o excedente do consumidor, cuxo resultado é de 138,15 euros. Este resultado obtívose a través do Método do Custo de Viaxe Zonal a partir da información obtida pola Oficina de Turismo e os cálculos econométricos realizados. Primeiro, estimouse a demanda lineal composta pola Taxa de Visita per cápita e os custos de desprazamento por zonas sen equidistancia. Segundo, a partir da función de demanda, calculouse o excedente do consumidor. Destacando que, no cálculo fixéronse unha serie de supostos de custo que teñen implicacións no resultado final. Tendo isto especial importancia no caso do Monte Santa Tegra. Finalmente, realizouse unha comparativa das taxas de visitas do Monte Santa Tegra deste traballo con outro traballo do ano 1995.
Volver