Secretaría Uvigo - Montes en Man Común e métodos de xestión sostibles

Montes en Man Común e métodos de xestión sostibles

AutoríaJavier Álvarez Carrera
Data de defensa26/07/2023
TitulaciónGrao en Economía
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: Xavier Simón Fernández
Tribunal Titoría: Xavier Simón Fernández
ResumoResumo: No presente proxecto, primeiramente realízase unha análise socioeconómica das Comunidades de Montes Veciñais en Man Común, para poder observar a importacia que teñen na Galiza, así como mostrar os contextos sociais, económicos e políticos que interviñeron ata a actualidade.
Por medio do marco socioecolóxico (SES) de Elionor Ostrom, realízase unha análise da Comunidade de Montes de Couso. Estudiase como a Comunidade evoluciona de un sistema de monocultivo forestal a un monte multifuncional, aumentado os recursos do sistema. Intentase valorar tanto a eficacia das interaccións do sistema a curto prazo, como observar unha sustentabilidade asegurando a viabilidade da Comunidade a longo prazo, obtendo un desenvolvemento económico, protección do medio ambiente e equidade social a través das interaccións dentro do propio sistema, entre os actores, recursos e sistema de goberno.
Finalmente chégase a conclusión, que Couso é un Comunidade cun sistema de goberno autoxestionado eficiente e sustentable.

Palabras Clave: Couso, Comunidades de Montes, SES, Elionor Ostrom, Autoxestión
Volver