Plan para a elaboración dun cadro de mando nun grupo de empresas dedicado a servizos e saúde animal
Data de defensa | 26/07/2023 |
Titulación | Grao en Administración e Dirección de Empresas |
Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Dirección |
Titoría: Fernando Comesaña Benavides |
Tribunal |
Titoría: Fernando Comesaña Benavides |
Resumo | O obxectivo principal cando se decidiu abordar este traballo foi o de crear unha ferramenta sinxela e útil que presentase información para a toma de decisións (de curto, medio e longo prazo) dunha clínica veterinaria. Dita ferramenta expúxose como un cadro de mando, con datos e gráficos para que fose o máis visual posible. Tras unha análise da contorna, do sector e da propia empresa procedemos a elaborar o cadro de mando en formato Excel, seleccionando os KPI´s que consideramos máis relevantes. Pensamos que o resultado mereceu a pena pois a dirección da empresa utilizará esta ferramenta asiduamente e achegará gran valor para analizar a evolución do negocio. Palabras chave: Veterinaria, Cadro de mando, xestión de empresas. |