Plan de mercadotecnia do Ipadel Fitness Sport Club
Autoría | Óscar González Alonso |
Data de defensa | 26/07/2023 |
Titulación | Grao en Administración e Dirección de Empresas |
Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Dirección |
Titoría: María Jesús López Miguens |
Tribunal |
Titoría: María Jesús López Miguens |
Resumo | RESUMO Este Traballo Fin de Grao consiste na elaboración dun plan de comercialización dun centro deportivo denominado Ipadel Fitness Sport Club, que conta cun ximnasio de última xeración e 10 pistas de pádel, situado no concello pontevedrés de Mos. O principal obxectivo deste plan, que está previsto que se poña en marcha en xaneiro de 2024, consiste na realización dun estudo da situación que permita á empresa coñecer cales son as estratexias que debe adoptar para aumentar ou mellorar a calidade dos seus servizos, xerar leads, diferenciese da competencia e aumente a visibilidade e o recoñecemento da marca. En primeiro lugar, realizouse un estudo da situación, tanto a nivel externo como interno. Coa análise PESTEL, a empresa puido coñecer a rigorosa lexislación política que inflúe na actividade, as institucións gobernamentais que apoian o sector deportivo, o impacto do COVID-19 na economía española, o incremento tanto do gasto medio familiar vinculado ao deporte como a preocupación polo medio ambiente a través da implantación de diversas normativas, o papel que xoga o clima vigués, a constante innovación tecnolóxica e a existencia dun maior interese pola práctica deportiva. Por outra banda, da análise do microambiente derívase que o poder de negociación dos consumidores é alto e o dos provedores é baixo debido á alta competencia do sector. Na análise interna destacamos a importancia da obtención de economías de escala e da curva de aprendizaxe. Despois de ter analizado a situación, realizouse unha análise DAFO para avaliar os factores externos e internos que afectan á actividade da empresa. A continuación, definíronse os obxectivos estratéxicos e financeiros, así como as estratexias de mercadotecnia e os plans de acción para conseguilos. Por último, preséntanse os mecanismos de control en canto ao cumprimento dos obxectivos. PALABRAS CLAVE Plan de mercadotecnia, centro deportivo, consumidores, análise da situación, obxectivos, estratexias, plans de acción, control. |