Secretaría Uvigo - Coop together: mellorar a visibilidade das cooperativas

Coop together: mellorar a visibilidade das cooperativas

Data de defensa26/07/2023
TitulaciónGrao en Administración e Dirección de Empresas
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: María José Cabaleiro Casal
Tribunal Titoría: María José Cabaleiro Casal
ResumoCo presente traballo decidimos afondar na fórmula empresarial cooperativa, xa que se trata dunha forma xurídica na que priman non só a finalidade económica, senón tamén aquelas actuacións encamiñadas a contribuír ao benestar social.
O desenvolvemento do noso TFG está motivado fundamentalmente polos principios cooperativos sobre os que se rexen estas empresas, de vital importancia para o bo funcionamento da sociedade e para mellorar o crecemento persoal do ser humano. Estes principios céntranse na liberdade, a educación, a solidariedade, a democracia, a igualdade e o respecto.
A primeira parte do TFG céntrase en coñecer aqueles aspectos teóricos relevantes que caracterizan a estas empresas e que as diferencian doutras formas xurídicas existentes. Posteriormente, para comprender a escala de difusión deste tipo de formas empresariais, realizamos un estudo das institucións e plataformas representativas a nivel autonómico, nacional e internacional. Por outra banda, investigamos o sistema universitario español centrándonos nas titulacións da área social e empresarial, para coñecer cal é a magnitude da formación sobre cooperativas. Ademais, para coñecer a experiencia real dun docente implicado neste tipo de sociedades, realizamos unha entrevista, realizada a unha persoa implicada no ámbito universitario e experta nesta materia.
Cos resultados obtidos da investigación realizada, chegamos á conclusión de que unha opción interesante para a difusión do cooperativismo é a realización dunha páxina web, que desenvolvemos baixo o nome de Coop Together como medio para dar a coñecer esta fórmula empresarial entre o alumnado.
Volver