Comunicación dos ODS no sector da distribución alimentaria en España
Autoría | Gabriela Currás Casas |
Data de defensa | 26/07/2023 |
Titulación | Grao en Administración e Dirección de Empresas |
Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Dirección |
Titoría: María Silvia Ruiz Blanco |
Tribunal |
Titoría: María Silvia Ruiz Blanco |
Resumo | A Responsabilidade Social Corporativa (RSC) supón unha nova forma de desenvolver a actividade empresarial baseada no recoñecemento dos impactos que a mesma xenera na sociedade e no medio ambente. Concientes da necesidade dun cambio na sociedade co que atenuar e evitar moitos dos problemas aos que se enfrenta a humanidade e o planeta, a Organización das Nación Unidas estableceu os 17 Obxectivos de desenvolvemento sostenible (ODS), nos que poden participar tanto empresas como países para alcanzar o desenvolvemento sostenible. Nels se acentúa a necesidade dun cambio na forma de producir e consumir, implicando por tanto un cambio no sector da distribución, e entre eles, na alimentaria. Dado que esta se basa en facilitar a nutrición das persoas coa extracción, producción, transformación e comercialización dos productos, a súa actividade alberga múltiples relacións coa sociedade e o medio. Por iso tamén é un dos sectores con maior número de ODS aos que contribuir. Os poucos estudos que analizan a información sobre os ODS divulgada polas empresas do sector da distribución alimentaria en España non afondan na calidade coa que estes se comunican. Polo tanto, o obxectivo deste traballo é coñecer, por unha banda, os ODS máis traballados polas empresas do sector, e por outra, a calidade das súas comunicacións en relación aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, así como posibles factores que os condicionan. Para iso, creouse unha medida da calidade da comunicación dos ODS, que se aplicou a unha mostra de 20 empresas do sector. Os ODS nos que máis traballan estas empresas son a produción e o consumo responsables, a saúde e o benestar, a acción climática, o traballo digno e o crecemento económico, a redución das desigualdades e a igualdade de xénero. Por outra banda, os resultados obtidos mostraron que dos factores que poden influír na calidade das publicacións, o medio de comunicación empregado polas empresas é o máis significativo. A calidade da información relacionada cos ODS entre as empresas que se comunican é maior se se fai a través de informes de sustentabilidade. Responsabilidade social corporativa, obxectivos de desenvolvemento sostenible, calidade, sector da distribución alimentaria, desenvolvemento sostenible, impacto medioambiental e social. |