Análise estratéxica de Amazon Prime Video
Data de defensa | 26/07/2023 |
Titulación | Grao en Administración e Dirección de Empresas |
Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Dirección |
Titoría: Miguel González Loureiro |
Tribunal |
Titoría: Miguel González Loureiro |
Resumo | Nos últimos anos, as plataformas de streaming revolucionaron a forma de consumir contidos audiovisuais. Estes baséanse na transmisión de contidos a través de Internet, o que permite aos usuarios acceder a unha gran variedade de películas, series, documentais e programas. Neste mercado altamente competitivo destaca Amazon Prime Video, unha das principais plataformas do sector. O seu catálogo abrangue unha ampla gama de xéneros e categorías, así como contido exclusivo. Este traballo ten como obxectivo analizar a situación competitiva na que se atopa Amazon Prime Video en España, para iso realízase unha análise da propia empresa e do entorno no que se atopa, comparando a súa situación coa dos seus competidores. |