Secretaría Uvigo - A economía colaborativa e as súas aplicacións principais

A economía colaborativa e as súas aplicacións principais

AutoríaAdrián Carreiro Otero
Data de defensa26/07/2023
TitulaciónGrao en Administración e Dirección de Empresas
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: Carlos Antonio Ferro Soto
Tribunal Titoría: Carlos Antonio Ferro Soto
ResumoResumo: A economía colaborativa foi e é un concepto innovador que revolucionou
o modo de consumir da poboación moderna. Para que xurdise e fóra posible o seu desenvolvemento, tiveron que emerxer e evolucionar diferentes circunstancias tecnolóxicas, económicas e ambientais. Grazas a ela, sectores como o produtivo, financeiro e de consumo melloraron as súas prestacións e desenvolvido novos modos de operar. Estas novidades axudaron a crear unha forma de consumir máis responsable, comedida e respectuosa co medio ambiente. Ao longo dos últimos 30 anos naceron empresas, agora multinacionais, como Amazon Mechanical Turk, Kiva e Airbnb que se adaptaron a estas novas circunstancias e ofrecen produtos e servizos innovadores cunha demanda moi alta dentro da sociedade. Por estes motivos, exponse o obxectivo principal de estudar e analizar este concepto desde a súa orixe, as causas e as consecuencias deste.

Palabras chave: Tecnoloxía, consumo, innovación, crowdfunding, crowdsourcing, aloxamento, sociedade e en liña.
Volver