Evolución do turismo internacional e do turismo rural en España dende os anos 80
Data de defensa | 26/07/2023 |
Titulación | Grao en Administración e Dirección de Empresas |
Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Dirección |
Titoría: Juan Carlos Suris Regueiro |
Tribunal |
Titoría: Juan Carlos Suris Regueiro |
Resumo | RESUMO O turismo internacional tivo un gran crecemento nas últimas décadas. Inicialmente, isto debeuse ao interese por facer turismo de sol e praia no cal España era un dos países por excelencia. Posteriormente, seguiu evolucionando co paso do tempo, pero centrándose ademais noutros tipos de turismo como é o caso do turismo rural. Este interese por outros tipos de turismo debeuse en gran medida polo cambio nos gustos e preferencias dos turistas tanto nacionais como internacionais. O turismo rural experimentou un crecemento en España posterior ao resto de países europeos e coa pandemia, dito crecemento viuse reforzado. Para poder entender dito crecemento máis fácilmente, estrutureino en etapas de crise e expansión económica tanto para o turismo internacional como para o turismo rural. PALABRAS CLAVE Turismo, turismo internacional, gasto, turismo rural, COVID-19, pandemia, sol e praia, establecementos abertos, INE, viaxeiros, crecemento, crise, expansión, evolución. |