Secretaría Uvigo - Análise CANVAS do modelo de negocio de Spotify

Análise CANVAS do modelo de negocio de Spotify

Data de defensa26/07/2023
TitulaciónGrao en Administración e Dirección de Empresas
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: Carlos Antonio Ferro Soto
Tribunal Titoría: Carlos Antonio Ferro Soto
ResumoA finalidade deste Traballo de Fin de Grao é levar a cabo unha análise CANVAS do modelo de negocio de Spotify, detectando de qué xeito aporta valor cada un dos segmentos correspondentes. Previamente farase unha análise externa e interna da compañía e o seu sector, de forma que sexa posible definir o marco no que se desenvolve a actividade. Para a realización da análise do contorno vanse utilizar ferramentas tales como a análise PESTEL e o modelo das 5 forzas competitivas de Porter, co fin de detecta-las posibles oportunidades e ameazas do sector. Para a análise interna, vaise realizar un benchmarking, no que se comparen as características que ofrece Spotify cos seus principais rivais no sector, co obxectivo de detectar as fortalezas e debilidades da plataforma. A continuación definirase o escenario estratéxico da empresa, e coa utilización dun reloxo estratéxico diferenciaranse os diferentes tipos de estratexia que levan a cabo algunhas das empresas pertencentes ao sector de música en streaming. A información recollida plasmarase nunha análise DAFO, que dará paso ó desenvolvemento da análise CANVAS onde se analizarán os principais segmentos que definen o modelo de negocio da empresa. Finalmente, sacaranse conclusións da situación actual da empresa e o seu futuro máis próximo.

Palabras chave: Spotify, CANVAS, análise, plataformas streaming.
Volver