Deseño e análise estrutural e térmico dun aterrizador en Venus: Afrodita
Autoría | María Rodríguez Fernández |
Data de defensa | 20/07/2023 |
Titulación | Grao en Enxeñaría Aeroespacial |
Centro | Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo |
Dirección |
Cotitoría: Uxía García Luis Titoría: Fermín Navarro Medina |
Tribunal |
Vogalía: Diego González Salgado Secretaría: Laura De la Torre Ramos Presidencia: Arno Formella |
Resumo | Na década de 1960, comezaron as misións a Venus, e no ano 1970, a Venera 7 da Roscosmos conseguiu a primeira aterrizaxe dunha sonda neste planeta, chegando a retransmitir datos durante 23 minutos. O avance das misións Venera fixo que este tempo incrementase certa cantidade, ata acadar o seu máximo de 127 minutos coas Venera 13 e 14. Desde 1985 non se volveu mandar ningún módulo de descenso a este planeta. Neste traballo proponse un novo deseño de aterrizador e procédense a realizar diversas análises térmicas e estruturais coas que se busca superar a vida útil destas misións. Ademáis, compararanse os resultados obtidos para dúas aliaxes e dúas altitudes diferentes para posible aterrizaxe, á vez que modificando o tamaño de diferentes partes da estrutura de forma que se cumpran os obxectivos propostos. A misión principal deste aterrizador será analizar a xeoloxía do planeta na búsqueda de evidencias de posibles procesos xeolóxicos, como pode ser actividade volcánica. |