Deseño e fabricación de xeometría en aluminio mediante Wire Arc Additive Manufacturing (WAAM)
Data de defensa | 20/07/2023 |
Titulación | Grao en Enxeñaría Aeroespacial |
Centro | Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo |
Dirección |
Titoría: Diego Carou Porto Cotitoría: Alejandro Pereira Domínguez |
Tribunal |
Presidencia: Matías García Rivera Vogalía: María Arias Vázquez Secretaría: Alejandro Jacobo Cabrera Crespo |
Resumo | Este Traballo Fin de Grao caracterízase pola fabricación mediante un proceso de fabricación aditiva metálica dunha xeometría a deseñar. En concreto, deseñarase e fabricarase unha peza cuxa xeometría será similar, pero a escala, á de parte da estrutura dun Cubesat. O material de fabricación será a aliaxe de aluminio Al2319, cuxo compoñente principal de aliaxe é o cobre. O proceso de fabricación empregado é WAAM (do inglés Wire Arc Additive Manufacturing). A primeira parte do traballo baséase nunha revisión da literatura sobre fabricación aditiva metálica, centrándose no WAAM. Investigaranse as fases do proceso de fabricación, os parámetros implicados e os resultados obtidos noutros estudos. A continuación, desenvolverase e executarase un procedemento experimental no que das probas realizadas se extraerán conclusións sobre os parámetros de proceso e deseño. Estas conclusións aplicaranse na fabricación da peza final. Posteriormente fabricarase a peza e realizarase unha análise xeométrica e unha análise metalográfica. Finalmente, mecanizarase a peza, axustando as súas dimensións ao deseño realizado. |