Análise mediante ferramentas CFD do fluxo arredor dunha hélice dun cuadricóptero
Autoría | David Pumares Mera |
Data de defensa | 19/07/2023 |
Titulación | Máster Universitario en Sistemas Aéreos non Tripulados |
Centro | Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo |
Dirección |
Titoría: Elena Beatriz Martín Ortega Cotitoría: Fernando Veiga López |
Tribunal |
Vogalía: Matías García Rivera Presidencia: Joaquín Martínez Sánchez Secretaría: José Ramón Salgueiro Piñeiro |
Resumo | Nos últimos anos, o crecemento dos vehículos aéreos non tripulados foi exponencial. A través da análise do comportamento da hélice dun UAV, podemos obter información de vital importancia sobre as súas limitacións. O obxectivo xeral é analizar as limitacións dun UAV equipado cunha hélice tripala de 5 polegadas de diámetro nas súas principais actuacións: voo estacionario, voo axial ascendente e voo horizontal. Os resultados achegan as limitacións da hélice en función da potencia do motor, do peso do UAV e do fluxo de aire ao redor da hélice. En conclusión, unha hélice con estas características é capaz de elevar UAVs cun peso comprendido entre 700 e 1500 gramos, cunha velocidade máxima de ascenso de 10 m/s e un ángulo de cabeceo (pitch) máximo de menos de 20 graos. Palabras clave: Hélice tripala, cuadricóptero, CFD, UAV e fluxo turbulento |