Secretaría Uvigo - Deseño e construción dun prototipo de prótese externa de mama personalizada.

Deseño e construción dun prototipo de prótese externa de mama personalizada.

AutoríaLucía Prada Prieto
Data de defensa18/07/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría Biomédica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Jorge Cerqueiro Pequeño
Cotitoría: Manuel Casal Guisande
Tribunal Presidencia: Abraham Segade Robleda
Vogalía: Enrique Casarejos Ruiz
Secretaría: Jacobo González Baldonedo
ResumoEste Traballo de Fin de Grao consistirá no deseño, desenvolvemento e construción dun novo prototipo de prótese externa de mama personalizada destinada a pacientes que padeceron cancro de mama e ás que se lles practicou unha mastectomía, é dicir, extirpóuselles unha ou ambas as mamas.
Estas pacientes, como consecuencia da mastectomía e doutros procedementos oncolóxicos, a miúdo sofren secuelas que limitan e potencian o seu desgaste cognitivo, emocional e conductal, ademais de padecer molestias no pescozo, dores de costas ou curvaturas anómalas na columna.
Para afrontar este problema, búscase reconstruír da maneira máis precisa posible a xeometría da(s) mama(s) extirpada(s) e a súa adaptación ao paciente. Partirase dunha representación dixital da superficie resultante tras a amputación, así como da mama sa en caso de tratarse dunha mastectomía unilateral. Esta información será tratada nun software de deseño CAD 3D para a construción dun modelo sólido da(s) mama(s) a partir dun modelo en superficies. Este modelo sólido obtido será a continuación procesado en vistas a xerar un ficheiro de control numérico que se cargará nunha impresora 3D para permitir a construción dun prototipo físico da(s) prótese(s) de mama.
Volver