Papel de enfermaría en saúde ambiental
Data de defensa | 12/07/2024 |
Titulación | Grao en Enfermaría |
Centro | Escola Universitaria de Enfermaría da Deputación Provincial de Pontevedra |
Dirección |
Titoría: María Dolores Rodríguez García |
Tribunal |
Titoría: María Dolores Rodríguez García |
Resumo | Introdución: a saúde e o medio ambiente están íntimamente relacionados, os factores químicos, físicos, biolóxicos e sociais teñen efectos sobre a nosa saúde. Na actualidade fenómenos coma o cambio climático ou a globalización disminuiron o estado de saúde da poboación. O medio ambiente nunca deixou de ser unha parte esencial na enfermaría, dende Florence Nightingale, coa súa teoría naturista ata a actualidade; así o demostra a súa presenza nas máis importantes teorías de enfermaría e nas recentes declaración das ANE ou da ANA, as cales amosan que a saúde ambiental necesita da enfermaría nas súas accións e prácticas, ou do CIE, quen inclúe no seu código de ética a relación entre enfermaría e saúde global, lexitimando á profesión para preservar, soster e protexer o medio ambiente, e convertindo estas accións nunha obriga ética y deontolóxica. Partindo desta relación atávica entre enfermaría e medioambiente preténdese identificar o papel actual da enfermaría en relación ao medio ambiente. Obxetivos: describir o papel de enfermaría en materia de saúde ambiental, así como coñecer o impacto do medio ambiente na saúde e, o impacto do sector saúde no medio ambiente. Incluíndo unha descrición da evolución do concepto de entorno nas teorías e modelos de enfermaría. Metodoloxía: Revisión da bibliografía nas diferentes bases de datos, das que resultaron 15 artigos. Así como, webs de organizacións ou libros referentes en enfermaría. Discusión e conclusión: a enfermaría debe entender a complexidade ambiental á que se enfrenta e a relación entre exposicións ambientais e saúde humana. Para iso, é necesaria a adquisición de coñecementos sobre globalización, cambio climático, sostenibilidade e xustiza climática, así como coñecer e integrar dentro da súa profesión os ODS. Ademáis, debe desenvolver a conciencia ambiental que lle permita realizar cambios en accións propias e alleas. É necesaria a inclusión da formación ambiental no grao de enfermaría e formación contínua a profesionais. A principal ferramenta da enfermeira para formar en saúde ambiental é a promoción da saúde, dende onde se poden conseguir cambios fronte a hábitos prexudiciais para os individuos, pero tamén para o medio ambiente. A enfermaría pode xerar coñecemento en materia de saúde medioambiental a través da investigación e debe estar presente na elaboración de políticas ambientais. |