Análise de erros en inglés de alumnos entre os 8 e os 17 anos. Descrición, clasificación e tratamento.
Autoría | Carmen Lima Otero |
Data de defensa | 20/07/2023 |
Titulación | Grao en Tradución e Interpretación (Galego-Inglés) |
Centro | Facultade de Filoloxía e Tradución |
Dirección |
Titoría: Ana Elina Martínez Insua |
Tribunal |
Titoría: Ana Elina Martínez Insua |
Resumo | Este traballo de fin de grao consiste nunha análise de erros detallado, presentando como exemplos aqueles erros cometidos polo meu propio alumnado. Para isto, recolléronse mostras reais de producións escritas en inglés durante o último curso 2022-2023, de maneira que, tanto a descrición como a clasificación de estos se vexa mellor representada. Empregáronse dúas técnicas fundamentalmente para analizar estes erros: a primeira baseándonos na categoría lingüística de ese erro e, a segunda, fixándonos no nivel no que se atopaba o alumno cando o cometeu. Este estudo ten como obxectivo principal establecer unha descrición e clasificación dos erros cometidos polos alumnos participantes, así como aportar un posible tratamento dos mesmos. PALABRAS CHAVE: erro, interlingua, transferencia, interferencia, L1, L2, correción. |