O papel da tradución audiovisual na normalización do galego.
| Autoría | Uxía Rodríguez Rodríguez |
| Data de defensa | 18/07/2023 |
| Titulación | Grao en Tradución e Interpretación (Galego-Inglés) |
| Centro | Facultade de Filoloxía e Tradución |
| Dirección |
Titoría: Robert Neal Baxter |
| Tribunal |
Titoría: Robert Neal Baxter |
| Resumo | Este traballo explica que importancia ten a tradución audiovisual no proceso de normalización lingüística dunha lingua minorizada, neste caso a lingua galega. Establécese como ferramenta normalizadora fundamental para a mocidade baixo o amparo da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias impulsada polo Consello de Europa, e a nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual (Lei 13/2022 do 7 de xullo) aprobada e ratificada polo Goberno de España. Porén, tamén se analiza que problemas aínda quedan por resolver e póñense en valor iniciativas independentes coma as da Mesa pola Normalización Lingüística que buscan acadar unha situación de igualdade entre o galego e o castelán. |