Análise dunha interpretación (ES-EN) dun xuízo penal
| Data de defensa | 19/07/2023 |
| Titulación | Grao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés) |
| Centro | Facultade de Filoloxía e Tradución |
| Dirección |
Titoría: María Isabel Del Pozo Triviño |
| Tribunal |
Titoría: María Isabel Del Pozo Triviño |
| Resumo | Este traballo de fin de grado ten como obxectivo analizar a actuación e o rendemento dunha intérprete en contextos xudiciais durante un xuízo penal con interpretación español-inglés. Consta dunha parte teórica na que se expón a lexislación internacional, europea e nacional, ademáis dun conxunto de particularidades específicas do ámbito xudicial no que se tratan dificultades do procedemento, competencias para interpretar neste ámbito e, por último, exponse o código deontolóxico según os criterios da APTIJ. Seguidamente, realízase unha análise e comentario das cuestións máis elementais do obxecto de estudo. Esta análise e comentario seguen os criterios fundamentais expostos no proyecto TIPp do grupo de investigación MIRAS (2017). Por último, preséntase unha discusión dos resultados obtidos a partir da previa análise e unha conclusión xeral do traballo. Palabras clave: dereito a interpretación, Directiva 2010/64/UE, interpretación xudicial, competencias para a interpretación xudicial, boas prácticas en interpretación. |