Análise de estratexias de investimento empresarial nun escenario de alta inflación e alza dos tipos de interese
Data de defensa | 04/07/2023 |
Titulación | Grao en Administración e Dirección de Empresas |
Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Dirección |
Titoría: Irene Garrido Valenzuela |
Tribunal |
Titoría: Irene Garrido Valenzuela |
Resumo | As pequenas e medianas empresas españolas (pemes) representan a gran maioría do conxunto empresarial español, polo que son un eixo central para a economía do noso país. A súa aportación ao Produto Interior Bruto, á creación de postos de traballo e ao desenvolvemento de proxectos innovadores, convérteas nun dos principais motores económicos de España. Sen embargo, o escenario de alta inflación e alza dos tipos de interese impactou negativamente na situación económica e financeira destas empresas, especialmente como consecuencia do incremento dos prezos pola paralización de parte significativa da actividade de importantes sectores para a economía española a raíz da pandemia da covid-19. Unido a isto, cando a situación parecía estabilizarse, estala o conflito bélico entre Rusia e Ucraína que provoca, de novo, un incremento dos prezos prexudicando ós mercados enerxéticos e das materias primas. Deste modo, e ante as altas taxas de inflación e alza dos tipos de intereses as pemes tiveron que levar a cabo diferentes decisións respecto a súa financiación e o destino da mesma que supuxeron unha variación na súa forma de inverter. Palabras clave: Peme, financiación, inversión, inflación, Índice interior bruto. |