Máis alá de SENTINEL-2: un enfoque satelital adicional para idenfiticar mareas vermellas nas rías galegas.
Autoría | Pablo Queiro Blanco |
Data de defensa | 03/07/2023 |
Titulación | Grao en Enxeñaría Aeroespacial |
Centro | Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo |
Dirección |
Titoría: Guillermo David Rey González Cotitoría: Carlos Ulloa Sande |
Tribunal |
Presidencia: Rafael Comesaña Piñeiro Secretaría: Borja Conde Carnero Vogalía: María de las Nieves Lorenzo González |
Resumo | Hoxe en día, hai diversas propostas para empregar fotografías tomadas pola constelación SENTINEL-2 na monitorización de mareas vermellas. O seu principal obxectivo é implementalas, xunto a demais parámetros das augas mariñas, en algoritmos de intelixencia artificial para poder predicir estes fenómenos, que nalgúns casos poden ser prexudiciais para o ser humano. O principal problema de empregar imaxes de SENTINEL-2, é que non se obteñen fotografías cunha frecuencia tal que o seu uso permita unha correcta monitorización das mareas vermellas, habendo longos períodos de días en que non se obteñen imaxes para poder facer un bo seguimento. Este TFG propón de forma teórica a creación dunha nova constelación de CubeSats de apoio a SENTINEL-2, para obter imaxes das rías galegas cunha frecuencia acorde ao fenómeno de estudo. |