Deseño aerodinámico da á dun avión de pasaxeiros supersónico
Data de defensa | 03/07/2023 |
Titulación | Grao en Enxeñaría Aeroespacial |
Centro | Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo |
Dirección |
Titoría: Fermín Navarro Medina |
Tribunal |
Presidencia: Rafael Comesaña Piñeiro Vogalía: María de las Nieves Lorenzo González Secretaría: Borja Conde Carnero |
Resumo | No presente proxecto buscarase deseñar unha á para un avión de pasaxeiros que sexa capaz de voar a velocidades supersónicas. Para tal fin, estudiaranse diferentes avións existentes, tanto que xa estiveran operativos, como novas propostas que están en proceso de desenvolvemento. Unha vez estudados os diferentes avións que serán usados de referencia, realizaranse uns cálculos iniciais que permitan dimensionar o avión de forma básica. Tales datos servirán de referencia para o posterior deseño das alas dun avión, e tamén para o deseño doutras partes do mesmo que serán de importancia para entender o efecto que as ás exercen, e así saber que outras partes poderían ser requeridas para o bo funcionamento do avión. A continuación, procédese co deseño das ás, bocetando diferentes ás que se poderían utilizar, así como estudando diferentes perfiles en forma de diamante. O estudo dos perfiles farase segundo a dinámica de fluidos computacional, base do proxecto, que é un método que permitirá comprender o comportamento dos perfiles segundo unhas imposicións concretas. Unha vez analizados, escolleranse os perfiles máis adecuados, que serán incorporados ao deseño das alas, seguindo unha serie de consideracións. Unha vez determinados os perfiles, poderase proceder ao deseño das alas e, posteriormente, ao seu estudo segundo a dinámica de fluidos computacional. Así, finalmente, elexirase a á que mellores características ofreza segundo os requisitos do proxecto. Palabras clave: á, supersónico, avión de pasaxeiros, aerodinámica, dinámica de fluidos computacional |