Remotorización do Tecnam P-Mentor
Data de defensa | 03/07/2023 |
Titulación | Grao en Enxeñaría Aeroespacial |
Centro | Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo |
Dirección |
Titoría: Luis Rodríguez Pérez |
Tribunal |
Presidencia: David Álvarez González Vogalía: Carlos Castro Miguéns Secretaría: Diego Carou Porto |
Resumo | O presente proxecto consiste na remotorización dun avión xa existente como é o Tecnam P-mentor. En primeiro lugar explícase o porqué de cambiar o motor dun avión que xa está en funcionamento, expoñendo todas as posibles vantaxes que iso supón. A continuación procédese a mencionar e ofrecer unha breve explicación dos motores dos que se dispón na actualidade, para posteriormente elixir un deles, que será un motor eléctrico. Unha vez reunidas todas as características do Tecnam P-Mentor, o seguinte paso é valorar que tipo de motor eléctrico necesita o mesmo e cales son as baterías necesarias para facer que o voo sexa eficiente e prolongado. O seguinte paso é calcular as diferentes actuacións que se deben cumprir nun avión destas características e compáranse coas características das que se dispoñía antes de realizar o cambio de motor. Rematando, valórase se o proxecto é viable ou non o é, atendendo ao cumprimento de obtención das características que se pretenden e avaliando o custo que ten devandito proxecto. Por último faise referencia a como poderiamos axudarnos deste proxecto para mellorar nun futuro a aeronave en cuestión, propoñendo a posta en venda de varios tipos de motorizacións para a mesma aeronave, un dos cales é o que se detalla neste documento. |