Deseño e construción dunha maqueta de CycloRotor
Data de defensa | 03/07/2023 |
Titulación | Grao en Enxeñaría Aeroespacial |
Centro | Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo |
Dirección |
Titoría: Matías García Rivera Cotitoría: Enrique Paz Domonte |
Tribunal |
Presidencia: David Álvarez González Vogalía: Carlos Castro Miguéns Secretaría: Diego Carou Porto |
Resumo | Neste Traballo Fin de Grao realizouse unha análise detallada das características aerodinámicas e estruturais dun cyclorotor a escala MAV (Micro Air Vehicle) que permitiu desenvolver un deseño óptimo. A partir disto procedemos a fabricar e montar un prototipo a escala. O rotor cicloidal (cyclorotor) é un tipo de sistema de propulsión utilizado na aviación e na navegación marítima. É un concepto revolucionario de despegue e aterraxe vertical (VTOL) que converte a potencia do eixe en aceleración do fluído, e esta é perpendicular á dirección do movemento. A súa principal vantaxe é o control instantáneo do vector de empuxe neto, que permite axustar o empuxe en calquera dirección desexada mediante un mecanismo de paso das palas. Grazas á acción combinada da rotación arredor dun centro e a oscilación das láminas, que cambian o seu ángulo de ataque, prodúcese empuxe en calquera dirección. O modelo realizado ten unha configuración de 4 palas cunhas dimensións xerais de 200x150x150 mm e un peso total aproximado de 390 g. Durante o proceso de deseño tivéronse en conta as especificacións necesarias para acadar as características desexadas do prototipo. Na fase de proba, avaliouse o rendemento e o funcionamento do prototipo, obtendo resultados satisfactorios que demostraron a capacidade do modelo para xerar empuxe de forma eficiente e controlar a dirección do vector de empuxe. En conclusión, este proxecto incluíu a análise, deseño, fabricación e montaxe dunha maqueta de cyclorotor. Os resultados obtidos avalan a viabilidade e a eficiencia deste sistema de propulsión. |