Secretaría Uvigo - Importancia da función de recursos humanos na axenda 2030

Importancia da función de recursos humanos na axenda 2030

AutoríaBorja Crespo Domínguez
Data de defensa04/07/2023
TitulaciónGrao en Administración e Dirección de Empresas
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: María Elena Velando Rodríguez
Tribunal Titoría: María Elena Velando Rodríguez
ResumoNeste traballo analizarase a capacidade de influencia que pode exercer a función de recursos humanos das empresas á hora de alcanzar os denominados Obxectivos de Desarrollo Sostible (ODS), determinados na Cumbre de Desarrollo Sostible de 2015, e recollidos na denominada Axenda 2030.
O obxectivo será, polo tanto, o de determinar como a función de recursos humanos podería axudar, mediante a implantación de diversas políticas, á hora de lograr cumplir con ditos obxectivos, fomentando a igualdade de oportunidades en todos os ámbitos da organización.
Para elo, explicarase primeiro en que consisten os ODS, para a continuación especificar sobre cales de eles poden ter incidencia a función de recursos humanos, analizando a situación actual na que se encontran e delimitando cada política ou actividade da función de recursos humanos que pode axudar a alcanzar súas respectivas metas.
Posteriormente, de entre tódalas políticas de recursos humanos asociadas ao logro dos ODS, abordaranse as políticas de evaluación de rendemento e de promoción laboral, debido, ademais da súa importancia no logro dos ODS, á inexistencia de leis específicas que regulen estas prácticas levadas a cabo polas empresas.

Axenda 2030, igualdade, recursos humanos.
Volver