O informe integrado nas pequenas empresas. Aplicación práctica
Data de defensa | 04/07/2023 |
Titulación | Grao en Administración e Dirección de Empresas |
Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Dirección |
Titoría: María Silvia Ruiz Blanco |
Tribunal |
Titoría: María Silvia Ruiz Blanco |
Resumo | A Responsabilidade Social Corporativa (RSC) céntrase no compromiso que as empresas teñen coa sociedade e o medio ambiente. Por iso, na actualidade, a comunicación da RSC volveuse esencial, porque permite as empresas mostrar a realidade das súas actividades empresariais e todos os impactos que estas actividades conlevan, constituíndo así a base do diálogo entre as empresas e os seus grupos de interese. As grandes empresas son as que comunicaron e comunican sobre RSC, xa que son as que dispoñen dos recursos necesarios para levar a cabo dita comunicación e están presionadas polos seus grupos de interese. Non obstante, hoxe en día, obsérvase un aumento do interese por comunicar sobre RSC nas pequenas e medianas empresas (PEMES), empresas que desempeñan un papel crucial no desenvolvemento económico e a competencia empresarial en España. Esta comunicación pódese realizar a través de diversas ferramentas, entre as que destacamos o informe integrado como un dos máis eficientes, xa que combina información non financeira coa información financeira. A normativa que regula a elaboración dos informes integrados adaptouse recentemente para as PEMES. Dada a novidade do tema e posto que as PEMES representan o principal motor da economía do noso país, este Traballo Fin de Grao (TFG) dedícase ao estudo da normativa aplicable para a elaboración dun informe integrado nunha PEME, así como a súa aplicación práctica nunha empresa real. Palabras chave: Responsabilidade Social Corporativa; pequenas empresas; grupos de interese, partes interesadas ou stakeholders; sociedade; medio ambiente; comunicación empresarial. |