Emisión de deuda verde no sector bancario español: análise dos principais referentes
Autoría | Ana Carnero Rivera |
Data de defensa | 04/07/2023 |
Titulación | Grao en Administración e Dirección de Empresas |
Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Dirección |
Titoría: Sonia Margarita Rodríguez Parada |
Tribunal |
Titoría: Sonia Margarita Rodríguez Parada |
Resumo | Este Traballo de Fin de Grado está enfocado nos Bonos Verdes e a súa repercusión no sector bancario español. Nel ofrécese unha análise dos Bonos Verde emitidos polo ICO, Banco Santander, BBVA e CaixaBank. Tamén se plasma toda a normativa vixente sobre esta clase de financiación. A emisión deste tipo de bonos é moi actual e, ademáis, é un mercado en plena expansión. Para a presentación do tema, tratamos o concepto de Finanzas Sostibles e todas as normativas implicadas nelas. Seguidamente, defínese que son os bonos e en que consisten para despois sumerxirnos na financiación verde. A súa alineación cos ODS e a Axenda 2030 contribuen ao mantemento do medioambiente e o planeta. A visibilización e o apoio institucional, cada día maior, por parte das grandes corporacións bancarias, está levando a unha maior demanda de Bonos Verdes por parte das empresas, as cales buscan un equilibrio entre a súa actividade e o mantemento do medio. Palabras chave: Financiación Sostible, ODS, Bonos Verdes, Medioambiente, Banca. |