Cara a un futuro máis verde da banca española
Data de defensa | 04/07/2023 |
Titulación | Grao en Administración e Dirección de Empresas |
Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Dirección |
Titoría: Sonia Margarita Rodríguez Parada |
Tribunal |
Titoría: Sonia Margarita Rodríguez Parada |
Resumo | RESUMO: Este Traballo de Fin de Grao realizouse co fin de analizar como o sector financeiro contribúe á loita contra o cambio climático, especificamente a través da reorientación verde da súa carteira de produtos bancarios e o uso de métricas verdes nos seus balances. Destácase a importancia de que as entidades financeiras adopten prácticas e políticas sostibles para abordar esta meta global. Na primeira parte, preséntase unha visión xeral do cambio climático xunto co impacto, a regulación e os produtos verdes das entidades financeiras. Na segunda parte, examínase como as principais entidades financeiras españolas incorporaron indicadores de sustentabilidade nos seus informes financeiros e avalíase o seu compromiso e transparencia en relación á sustentabilidade nas súas actividades. Preséntanse os resultados desta avaliación, tendo en cuenta que é un tema recente e en constante evolución, polo que as conclusións presentadas deben ser consideradas como unha instantánea da situación actual. PALABRAS CLAVE: Sustentabilidade, banca, transparencia, cocientes verdes. |