Secretaría Uvigo - Deseño organizativo. Organización da actividade loxística. Optimización da loxística de aprovisionamento nunha planta de produción de vehículos e análise da mesma na planta de Stellantis Vigo

Deseño organizativo. Organización da actividade loxística. Optimización da loxística de aprovisionamento nunha planta de produción de vehículos e análise da mesma na planta de Stellantis Vigo

AutoríaDiego Estévez Alonso
Data de defensa04/07/2023
TitulaciónGrao en Administración e Dirección de Empresas
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: José Santiago Gómez Fraiz
Tribunal Titoría: José Santiago Gómez Fraiz
ResumoRESUMO:
Este traballo centrarase no traballo organizativo da empresa, na importancia do deseño organizativo e na idea de como é clave para acadar os obxectivos.
O estudo enfoca o seu interese na análise da organización do ciclo de subministración dunha planta de produción de vehículos, destacando a importancia do proceso loxístico. Profundará na parte organizativa e de xestión dos fluxos de transporte, apoiándose nunha base teórica de deseño organizativo.
En particular, estudarase o deseño de fluxos de transporte no ciclo de subministración da planta de PSA en Vigo (grupo Stellantis), centrado no control dos procesos e a confianza nel.
A observación e exame do proceso de subministración da planta busca identificar as fontes de vantaxe, reflectidas na importancia dunha correcta arquitectura de fluxo de transporte e no valor dunha organización sólida e con gran capacidade de resposta para afrontar, da mellor maneira, a constante cambios que vivimos.



PALABRAS CLAVE
Palabras clave: Organización, Loxística, Abastecemento, Deseño Organizacional, Sector Automoción.


Volver