Secretaría Uvigo - Influencia da organización informal nos traballadores

Influencia da organización informal nos traballadores

AutoríaRubén Conde Vizoso
Data de defensa04/07/2023
TitulaciónGrao en Administración e Dirección de Empresas
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: José Santiago Gómez Fraiz
Tribunal Titoría: José Santiago Gómez Fraiz
ResumoO contexto empresarial actual invita ao estudo das relacións informais dentro da organización. Para aumentar a competitividade, moitas empresas dedican tempo a analizar os intercambios de información que xorden na estrutura informal da empresa co obxectivo de estudar as fontes de información ou o poder de influencia de determinados traballadores.

O obxectivo deste traballo é tratar de definir o que supón para a empresa a organización informal a través dun estudo centrado en coñecer como afectan as relacións informais a un traballador e a influencia que teñen no seu rendemento.

Palabras chave: organización empresarial, información, confianza, redes organizativas, liderado informal, grupos, administración, xerarquía, organización informal.

Volver