Causas e consecuencias da subida do prezo da electricidade en España
Data de defensa | 04/07/2023 |
Titulación | Grao en Administración e Dirección de Empresas |
Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Dirección |
Titoría: Jorge Falagán Mota |
Tribunal |
Titoría: Jorge Falagán Mota |
Resumo | Resumen O sector enerxético no noso país e no mundo enfróntase a unha crise sen precedentes na historia. Por unha banda, está o uso indiscriminado dos combustibles tradicionais e as normativas impostas para regular o seu uso, logo temos o modelo, moi particular, do mercado eléctrico nacional. E aínda por riba, a isto hai que sumarlle o conflito armado Rusia-Ucraína, que puxo en xaque o equilibrio do mercado eléctrico en toda Europa. Sen dúbida, estes acontecementos provocaron a intervención de diversos organismos gobernamentais e dos axentes directamente involucrados, como as distribuidoras e as comercializadoras de electricidade. Co obxectivo de alcanzar unha estratexia que equilibre a subministración de enerxía a un custo estable e accesible co menor impacto ambiental. Está claro que non é un obxectivo sinxelo, pero si alcanzable na medida que se coñezan as causas e as consecuencias da subida do prezo da electricidade. Sendo esta a misión deste traballo. Palabras Clave: Subida de prezos da electricidade, sector eléctrico, dereitos de emisión de CO2, sistema de mercado eléctrico, PVPC, tarifa integral, axentes participantes. |