Proxecto de empresa para o aluguer de motos eléctricas na cidade de Vigo
Data de defensa | 04/07/2023 |
Titulación | Grao en Administración e Dirección de Empresas |
Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Dirección |
Titoría: María Pilar Cibrán Ferraz |
Tribunal |
Titoría: María Pilar Cibrán Ferraz |
Resumo | Vigo é unha cidade que nos últimos anos evolucionou en canto a mobilidade cidadá, dende as conexións ferroviarias da alta velocidade pasando polas melloras nas instalacións aeroportuarias ata a mobilidade polas rúas co ambicioso proxecto de ?Vigo Vertical?. Un dos puntos que me levou a levar a cabo este proxecto para estudar a viabilidade dunha empresa de motosharing é que a evolución da mobilidade non tivo en conta todas as necesidades individuais dos cidadáns, senón que houbo proxectos de gran envergadura en puntos exactos que proporcionaron facilidade no desprazamento, pero non no momento e lugar no que o cidadán precisa polo que considero e valoro positivamente que este proxecto teña unha gran acollida e futuro na cidade de Vigo. Estruturarei este proxecto do seguinte xeito: o primeiro que debo analizar e coñecer é o marco teórico da situación na que se atopa a mobilidade na cidade, que alternativas existen, cales son as súas vantaxes e inconvenientes e que solucións se aplican. Unha vez entendida a situación na que nos atopamos, proporémoslle este negocio como unha alternativa mellor, máis práctica e flexible aos modelos de negocio actuais. Outro paso será levar a cabo un estudo de mercado para analizar tanto a oferta como a demanda e plantexando a necesidade real da empresa. Máis adiante pasarei a presentar o marco do funcionamento do negocio, a súa marca, a promoción e os prezos nos que quero competir. Con toda a información, formalizarei a forma xurídica e constitución da empresa, os recursos humanos, o plan económico e as conclusións finais deste gran e ambicioso proxecto. |