Secretaría Uvigo - Análise da situación de España en ciencia e tecnoloxía

Análise da situación de España en ciencia e tecnoloxía

AutoríaNino Cabral Albite
Data de defensa04/07/2023
TitulaciónGrao en Administración e Dirección de Empresas
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: María Begoña Álvarez García
Tribunal Titoría: María Begoña Álvarez García
ResumoNeste traballo analízase a situación de España no ámbito de Ciencia e Tecnoloxía. Por
unha banda, descríbense os recursos destinados ao sistema español en ciencia, tanto a nivel autonómico como nacional. Doutra banda, lévase a cabo unha análise comparativa co resto de países da UE-27 que axuda a entender a posición relativa de España respecto a os países máis próximos, tanto en investimento en I+D como en resultados. Os datos reflicten o avance de España nas últimas décadas, pero a un ritmo insuficiente para alcanzar a media europea. As debilidades do sistema de ciencia español poñen de manifesto a necesidade dunha aposta de financiamento a longo prazo. Conseguir este obxectivo requiriría un pacto político, así como un maior recoñecemento por parte da cidadanía da importancia da ciencia como motor de desenvolvemento económico.

Palabras chave: Institucións científicas; Produción científica; Novo coñecemento; Gasto e Investimento I+D.
Volver