Secretaría Uvigo - A frota de gran altura galega (1960-1990)

A frota de gran altura galega (1960-1990)

AutoríaJosé Ángel Martínez García
Data de defensa04/07/2023
TitulaciónGrao en Economía
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: Rafael Vallejo Pousada
Tribunal Titoría: Rafael Vallejo Pousada
ResumoNeste artigo estudiase a evolución da frota pesqueira de gran altura galega durante os anos 1960-1990. En primeiro lugar, explicarase a epoca de expansion durante os primeiros quince anos do periodo, relacionados co Plan de desenvolvemento pesqueiro promovido polo Estado. Seguidamente farase unha análise os efectos da implantación das Zonas Económicas Exclusivas (ZEE) e da entrada de España á Comunidade Económica Europea (CEE), realizándose unha descripción destes fenómenos.

Co obxectivo de dar o contexto necesario, farase unha breve historia da pesca en Galicia, indo desde as orixes na antigüedade ata os anos previos ao periodo de estudo. Así mesmo, realizarase unha descripción da flota pesqueira galega no ano 1979, para dar unha idea da magnitude e caracteristicas desta, e farase unha comparación con outras frotas da epoca.

Analizarase a evolución da frota galega durante a década dos oitenta e tratarase de explicar as consecuencias da implantación das ZEE e da entrada na CEE, investigando que medidas levaronse a cabo no sector pesqueiro galego neste novo contexto. Ademais, describirase o fenómeno das empresas pesqueras conxuntas no caladoiro das Malvinas, caladoiro de vital importancia para a flota conxeladora galega.
Volver