Secretaría Uvigo - Cando acabou o BCE coa política monetaria acomodaticia?

Cando acabou o BCE coa política monetaria acomodaticia?

Data de defensa04/07/2023
TitulaciónGrao en Economía
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: José Francisco Teijeira Bautista
Tribunal Titoría: José Francisco Teijeira Bautista
ResumoA política monetaria da zona euro neste últimos anos veuse caracterizando por inxectar de xeito masivo liquidez nos mercados financeiros a través de sucesivos programas de compra de activos e por fixar taxas de xuro moi reducidas. Todo o anterior parte dun contexto no cal os problemas coa débeda soberana de varios países, chegando a facerse inasumible para a maioría deles, chegaron a pór a proba a viabilidade e sobrevivencia da unión económica e monetaria. Nos anos seguintes, este tipo de política buscaba, ademais de relaxar os intereses sobre os países debedores da Eurozona, estimular o dinamismo da economía- estimular o crecemento do PIB, aumentar a inflación cara o 2%, entre outros. Dun tempo a esta parte, con disrupcións na cadea loxística provocadas por confinamentos derivados da emerxencia sanitaria e conflitos bélicos próximos que propiciaron unaumento sostido dos prezos, por elo, o BCE viuse obrigado a facer un cambio de sentido na súa política monetaria, tendo no proceso discrepancias internas sobre como debe ser ese cambio, a saber, entre quen abogan por acometer unha liña de intervención marcadamente restrictiva e entre quen prefiren seguir un tipo de intervención máis gradual. En fin, só co tempo e o correr dos acontecementos veránse os resultados deste novo ciclo.

Palabras chave: política monetaria, inflación, BCE, taxas de xuro
Volver