Mellorando a sostibilidade dos transportes
| Autoría | Samuel Martínez Martínez |
| Data de defensa | 04/07/2023 |
| Titulación | Grao en Economía |
| Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
| Dirección |
Titoría: Francisco Xavier Labandeira Villot |
| Tribunal |
Titoría: Francisco Xavier Labandeira Villot |
| Resumo | Neste Traballo de Fin de Grao analizaremos as diferentes externalidades negativas producidas polo sector do transporte e súas consecuencias. A contaminación atmosférica e a conxestión vial son os dous principais problemas do sector, xa que contribúen significativamente ás emisións de gases de efecto invernadoiro e os atascos producen diferentes enfermidades e enormes pérdidas de productividade. Neste contexto, para mellorar a sostibilidade dos transportes é preciso levar a cabo un cambio modal que consegua cambiar nosa forma de desprazarnos mediante modos de transporte máis sostibles e respectuosos co medioambiente. Ao largo deste traballo comentaremos as diferentes accións que se están levando a cabo por parte das diferentes autoridades para solucionar estas externalidades e se o estan logrando. Tamén daremos diferentes propostas de actuación para mellorar a eficacia das políticas. Palabras chave: Transportes, externalidades, cambio climático, medioambiente, política pública. |