Aplicación de indicadores de desenvolvemento sostible en países nórdicos
Data de defensa | 04/07/2023 |
Titulación | Grao en Economía |
Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Dirección |
Titoría: María Dolores Garza Gil |
Tribunal |
Titoría: María Dolores Garza Gil |
Resumo | Os problemas ambientais son unha das maiores preocupacións da sociedade na actualidade e case todos os países inclúen nas súas axendas, políticas públicas en materia ambiental. Nos últimos anos recoñeceuse a importancia que a natureza ten en todos os ámbitos da vida humana. Unha parte da economía, recoñeceu que a biosfera pode supoñer un freo no crecemento e para medir a difícil relación entre economía e natureza, empezouse a traballar na elaboración de indicadores de desenvolvemento sostible. Este traballo de fin de grao pretende explicar en qué consiste o desenvolvemento sostible. Para isto, analízanse tres indicadores de sostenibilidade: o modelo PER da OCDE, o aforro axustado ou xenuíno e a pegada ecolóxica. Ao longo do texto, explícanse as características principais de cada indicador, así como a forma de calculalos. Posteriormente, estúdase o aforro axustado e a pegada ecolóxica en Dinamarca e Finlandia a partires da información extraída de diferentes bases de datos. Finalmente atoparemos unhas conclusións sobre o nivel de sostenibilidade nestes dous países. Palabras clave: desenvolvemento sostible, indicadores sostenibilidade, aforro axustado, pegada ecolóxica |