Limitacións do PIB para medir o benestar: algúns índices alternativos
Data de defensa | 04/07/2023 |
Titulación | Grao en Economía |
Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Dirección |
Titoría: Carlos Juan De Miguel Palacios |
Tribunal |
Titoría: Carlos Juan De Miguel Palacios |
Resumo | Este estudo examina o concepto de benestar, así como a súa medición a través de tres posibles enfoques: mediante as funcións de utilidade individuais, mediante o enfoque contable e mediante os indicadores. Este último campo será o motivo da análise deste traballo, apoiado en datos de diversas organizacións. Explícase que un indicador como o Produto Interior Bruto (PIB), utilizado globalmente para expresar mediante un valor monetario como un país ou territorio produciu economicamente bens e servizos durante un período de tempo, non abarca outros aspectos importantes que inflúen no benestar da sociedade que non sexan de ámbito económico. Analízanse posibles indicadores alternativos ao PIB, como o Índice de Desenvolvemento Humano (IDH), o Índice de Progreso Xenuino (IPX), o Índice de Progreso Social (IPS), o PIB verde e o Índice do Planeta Feliz (IPF). |