A política monetaria do Bundesbank durante a crise do petróleo
Autoría | Diego Patiño Lodeiro |
Data de defensa | 04/07/2023 |
Titulación | Grao en Economía |
Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Dirección |
Titoría: Ana Esther Castro Fernández |
Tribunal |
Titoría: Ana Esther Castro Fernández |
Resumo | RESUME O obxectivo deste traballo é analizar as estratexias empregadas polo Bundesbank na loita contra a inflación durante as dúas crises do petróleo. O estalido da primeira crise do petróleo puxo á economía alemá en risco de sufrir unha situación de estanflación. A apreciación do marco fronte ás divisas europeas e ao dólar xogou un papel crave na evolución da inflación no país. Esta evolución favorable da inflación (comparándoa cos países da contorna económica) permitiu ao banco central aprobar medidas expansivas ou manter os tipos de interese de desconto intactos durante moitos anos (sen subilos nun contexto inflacionario). Deste xeito, Alemaña logrou combater os efectos sobre o emprego e o crecemento da primeira crise do petróleo. Despois do estalido da segunda crise do petróleo, a situación cambiou para a economía alemá. O marco deixou de apreciarse respecto ao resto de divisas. A ameaza dunha nova potencial situación de estanflación provocou que o Bundesbank endurecese a súa política monetaria, co fin de cumprir o seu obxectivo de estabilidade de prezos. Este cambio de paradigma respecto a a primeira crise do petróleo tivo efectos negativos sobre o emprego e o crecemento. Palabras chave: Crise petróleo, inflación, tipo de cambio, política monetaria, Bundesbank. |