Saturación de destinos turísticos
| Autoría | Lucía Caride Pernas |
| Data de defensa | 04/07/2023 |
| Titulación | Grao en Economía |
| Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
| Dirección |
Titoría: Ana Esther Castro Fernández |
| Tribunal |
Titoría: Ana Esther Castro Fernández |
| Resumo | Este Traballo de Fin de Grao aborda o tema da sustentabilidade do turismo, centrandose especificamente na problemática da saturación turística e na capacidade de carga dos destinos. O obxectivo principal é proporcionar unha análise exhaustiva destes conceptos e explorar as ferramentas e medidas utilizadas para xestionar a saturación turística e promover un turismo máis sostible. O estudo enfócase na rexión de Galicia, utilizando casos de estudo relevantes como Sanxenxo, o Camiño de Santiago, a Ribeira Sacra, a Torre de Hércules e as Illas Cíes. Empregan métodos de medición da saturación turística e da capacidade de carga, así como modelos holísticos e o método Delphi como ferramentas participativas na toma de decisións. Os resultados obtidos contribúen ao coñecemento e comprensión da problemática, proporcionando directrices prácticas para unha xestión efectiva da capacidade de carga e promovendo un turismo máis responsable e sostible en Galicia e outros destinos turísticos. Palabras chave: Saturación turística, capacidade de carga, sustentabilidade do turismo, casos de estudo, modelos holísticos, método Delphi, xestión turística. |