Secretaría Uvigo - Análise económica da pobreza en España

Análise económica da pobreza en España

AutoríaCristina Martínez López
Data de defensa04/07/2023
TitulaciónGrao en Economía
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: Coral Del Río Otero
Tribunal Secretaría: María Consuelo Pazó Martínez
Vogalía: María Celia Rodríguez Campos
Presidencia: María Olga Alonso Villar
Secretaría do centro: Ana de Prado Vázquez
ResumoA pobreza en España constitúe un dos problemas sociais máis importantes,
o cal afecta a un importante número de persoas no país. Aínda que España
é considerada unha das grandes economías desenvolvidas dentro de Europa, a taxa de pobreza neste país segue sendo alarmantemente alta, especialmente en certos grupos da poboación.
Neste traballo tratarase de realizar unha medición da pobreza en España e
nos colectivos máis afectados por esta problemática mediante a utilización de diversos indicadores que serán de gran axuda para determinar estas causas.
O obxectivo principal deste informe consistirá, polo tanto, en tratar de analizar
a pobreza que padecen os individuos establecendo diferenzas entre homes e mulleres, poboación estranxeira, grupos de idade, poboación infantil, nivel educativo acadado ou estrutura do fogar. Para iso, será necesario empregar varios indicadores para poder analizalos mediante gráficos e así poder realizar unha análise máis exhaustiva da pobreza en todas as súas dimensións.
Palabras chave: pobreza, desigualdade, risco, carencia.
Volver