A pastora Marcela en inglés
| Autoría | Rebeca Estévez Casales |
| Data de defensa | 15/06/2023 |
| Titulación | Grao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés) |
| Centro | Facultade de Filoloxía e Tradución |
| Dirección |
Titoría: José Francisco Montero Reguera |
| Tribunal |
Titoría: José Francisco Montero Reguera |
| Resumo | Este traballo consiste nunha análise comparativa de catro traducións do discurso da pastora Marcela no Enxeñoso fidalgo don Quixote da Mancha: as traducións clásicas de Thomas Shelton e John Ormsby e as traducións modernas de Samuel Putnam e Edith Grossman. Os casos comparativos permiten examinar as estratexias dos distintos tradutores, así como as técnicas empregadas para resolver os problemas de tradución presentes no texto. A partir das conclusións extraídas, establécense as principais diferenzas entre as traducións clásicas e as traducións modernas, que traballan sobre un enfoque funcionalista da tradución. Palabras clave: Quixote, Cervantes, Marcela, tradución, Shelton, Ormsby, Putnam, Grossman, problemas, estratexias, funcionalismo |